jueves, 23 de octubre de 2014

Son a mestra Tarefas

Ola!
Son Tarefas, a mestra que vos vai acompañar na nesta aventura.
Vaia mañán que levo! Despois de tantos anos de traballo, tantos cursiños feitos, tantos libros lidos e tantas experiencias compartidas... Veu Sindiño e dixo:
- Mira o meu agasallo da primeira comunión!
O demo do rapaz acendeu o aparello, arrastraba o dedo por riba, e aquelo ía cambiando... Moi bonito pero eu non me enteraba nada. Entón entréi na web de FProfe e vin que había un curso que poñía algo de integrar aparellos con Tarefas e tecnoloxías. E apúntenme. Aquí estou.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario