jueves, 13 de noviembre de 2014

Deseñamos unha tarefa integrada

na tarefa integrada os estudantes van a planificar a festa do magosto do noso colegio e elaborar os carteis para anunciala



Created with Haiku Deck, presentation software that inspires

 

jueves, 30 de octubre de 2014

Queremos competencias...

Para expresar o que queremos dos nosos alumnos, a profe pediunos que o expresáramos mediante un cartel. Foi un parto laborioso. Na "tablet" todo se movía dun xeito que non queríamos. Cada paso tiñamos que gardalo. Que pesadez! Velaquí o noso "baby".

Ah! empregamos unha app chamada PicCollage.

 

 

Traballando XAPÓN na aula de. 4°

Primeiro fixemos una tormenta de ideas para saber as cousas que coñecemos de Xapón e saíron un montón de palabras. Tivemos que desbotar algunha como tai-chi ou kungfú-panda

Pensamos que cousas queremos aprender da cultura xaponesa. Algunhas serán un poco difíciles de facer, como aprender sumo, teriamos que engordar un pouco!

Organizamos o traballo.Decidimos o que temos que investigar e comenzamos o traballo...estamos moi ilusionados. A final de mes remataremos contando un conto xaponés a todos os nosos compañeiros.

 

jueves, 23 de octubre de 2014

Son a mestra Tarefas

Ola!
Son Tarefas, a mestra que vos vai acompañar na nesta aventura.
Vaia mañán que levo! Despois de tantos anos de traballo, tantos cursiños feitos, tantos libros lidos e tantas experiencias compartidas... Veu Sindiño e dixo:
- Mira o meu agasallo da primeira comunión!
O demo do rapaz acendeu o aparello, arrastraba o dedo por riba, e aquelo ía cambiando... Moi bonito pero eu non me enteraba nada. Entón entréi na web de FProfe e vin que había un curso que poñía algo de integrar aparellos con Tarefas e tecnoloxías. E apúntenme. Aquí estou.

 

Entarefados?

Ola, somos Gloria, Valentina, Carmen e Luis, os catro membros desde grupo. Os catro somos mestres de primaria, de cuarto e segundo nivel. Impartimos as áreas propias dos mestres titores de primaria, que son Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Galega e Lingua Castelá.
Pretendemos mellorar a nosa competencia profesional no ámbito dixital introduciendo no desenvolvemento cotiá da nosa aula as tarefas integradas.